Vaipolorio Logotipo

Novo verquido no río Gafos

11/02/2010


Axúntanse dúas fotos feitas por Vaipolorío as 14.00 h do día de hoxe.



As fotos corresponden ao lugar onde se mesturan os ríos Pintos e Tomeza.
Foi advertido o servicio de emerxencias 112.

O verquido que estamos a denunciar unha vez máis foi visitado o pasado martes 9 de febreiro por José Valcarcel e Celia Alonso, concellais do Rural e Medio Ambiente Natural do Concello de Pontevedra, a requerimento de Vaipolorío.

NON RECIBINDO UNHA RESPOSTA CLARA E SEN SOLUCIÓN DEFINIDA, Vaipolorío en breves días tomará a decisión que a Xunta Directiva determine, en beneficio do río.


Volver a Noticias Vaipolorío