Vaipolorio Logotipo

Reunión concelleiros de Medio Natural e do Rural con membros de Vaipolorío

09/02/2010


O martes 9 de febreiro do 2010 as 18.00 h terá lugar unha reunión de:

Celia Alonso Caramés, concelleira de Medio Ambiente Natural do Concello de Pontevedra, e José Valcarcel Ribeiro, concelleiro do Rural do Concello de Pontevedra, con Gonzalo Sancho Blanco, José Ramón López Lage e Pablo Carro Sobral, membros de Vaipolorío.

Reunión que se levará a cabo no río dos Gafos, onde se mesturan as augas do río Pintos co río Tomeza, para tratar de solucionar os problemas que se veñen producindo dun xeito continuado polos verquidos do colector de saneamento ao río.

Axúntanse fotos dun dos puntos conflitivos de dito colector.





Máis información tlfno : 675 547 499 Gonzalo Sancho


Volver a Noticias Vaipolorío