17/12/2009
Pasaron tres semanas dende a última agresión ao mobiliario urbano ubicado no paseo do río dos Gafos.
As fotos que se axuntan corresponden a unha papeleira de madeira que xa fora botada ao río en anteriores "agresións" e reposta polos servizos técnicos do Concello de Pontevedra, xunto co mobiliario urbano tamén hai danos en árbores recentemente plantados, así como nas caixas refuxio para morcegos, instaladas por este colectivo fai un ano, dentro do Día europeo dos Morcegos.


Dende Vaipolorío consideramos que neste espacio debería haber vixilancia por parte das forzas de orden público para salvagardar o patrimonio, a flora, a fauna e o mobiliario urbano, dos continuos ataques que sofren.
No caso que non ocupa hoxe, dende Vaipolorío deuse parte dos feitos a Policía Local.
Vaipolorío ten previsto en datas próximas visitar esta zona coa Concelleira de Medio Ambiente Natural para a reposición dos diferentes indicadores da flora, da toponimia, e elementos etnográficos que foron destruídos o pasado 26 de novembro, como xa se denunciou oportunamente.
Máis información: 676 842 942 Vaipolorío