CATALOGACIÓN DE AVES

A catalogación de aves inicióuse no ano 2004 baixo a dirección e coordinación de Ramón Sineiro de Sáa, membro do Grupo Naturalista Habitat . Para elo leváronse a cabo unha serie de saídas ao río dos Gafos, dúas por cada estación do ano, dando como resultado total do estudio 65 especies observadas. Dito traballo foi publicado no ano 2005 polo Servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra, no libro “Aves do río Gafos”.

 

 

CATALOGACIÓN BOTÁNICA

A catalogación botánica inicióuse no ano 2005 baixo a dirección e coordinación de Francisco Javier Silva Pando, Botánico. Para elo leváronse a cabo unha serie de saídas ao río dos Gafos, catalogando preto de trescentas especies, algunhas delas pendentes de identificación.

A intención desta asociación é, unha vez rematado dito traballo, a súa publicación.

 


CATALOGACIÓN MICOLÓXICA

O obxectivo desta actividade é coñecer a biodiversidade fúnxica que alberga o bosque de ribeira do Río dos Gafos. O encargado de coordinar esta catalogación é Jaime Bernardo Blanco Dios, enxeñeiro agrónomo e experto en micoloxía. Comezouse no ano 2006, e atópase en pleno proceso de estudo.

A intención desta asociación é, unha vez rematado dito traballo, a súa publicación.

 


CATALOGACIÓN DE INSECTOS E ARTRÓPODOS

A catalogación de insectos e artrópodos iniciouse no ano 2007 baixo a dirección e coordinación de Gonzalo Sancho Blanco, membro de Vaipolorío. Para elo leváronse a cabo unha serie de saídas ao río dos Gafos, entre a primavera e o outono, catalogándose preto de cincocentas especies.

En proceso de traballo de campo, pero xa moi avanzada a catalogación, tense constatación dos seguintes datos de xeito diferenciado as seguintes ordes:

  • Dípteros: 125
  • Lepidópteros: 105
  • Coleópteros: 75
  • Hymenópteros: 70
  • Hemípteros: 45
  • Arácnidos: 35
  • Odonatos: 30
  • Ortópteros: 25

Xa en menor medida, pero tamén catalogados.

  • Fásmidos.
  • Megalópteros.
  • Mecópteros.
  • Neurópteros.
  • Efémeras.
  • Plecópteros.
  • Tricópteros.

É intención de Vaipolorío dar a coñecer dito traballo, en canto remate dito estudio.