A voltas co parque loxístico do Gafos


Reverdece a floresta. Cantan os paxaros. Remansa o Gafos.

Disfruta do teu paseo sin parque loxístico.

Reza así nuns carteis de Vaipolorío por todo o paseo fluvial do rio Gafos, ata Vilaboa. Certamente a vexetación reverdece exuberante. Atrás quedaron o Narciso cyclamineus, as primaveiras e o xacinto bravo. Agora danse os asplenios e os blechnos nas fontes. A ribeira énchese de fentas, brizos e mexacans. Medra a herba dos pitos, a amenta de lobo, os carex, as platanarias, as espadainas, o mentrasto. No propio leito: A herba lameiriña, as lentellas e a espigas de auga. Gabean os saltasebes, as uvas de can, o lúpulo, o chuchamel co seu recendo. Expándese de xeito controlado o Pau de San Gregorio. Os érvedos doentes que plantou Vaipolorío estan vizosos. O satirón manchado e a cresta de galo; dúas orquídeas que os nosos devanceiros coñecían de sobra, anque a nos non nos soen de nada. E o rabo de cabalo que anque nunca foi visto polos de Vaipolorío, seguro que Torrado sabe ben donde se agocha.

Chegou o cuco que se anuncia sin deixarse ver. Gacea o merlo que xa está coa segunda rolada. Cando oias a bubela, deixa os bois e colle a gavela. Cando a persecución dos soldados de Herodes a Virxe co Neno, canta o pin-pin: Pin, pin, por aquí non os vín. E a chasca replica: Chas, chas, por ahí ven vas. Dichoso o paxaro que nace en boa riveira. Tordos, papuxas, ferreiriños, rulas, parrulos, paporrubios Mais vale paxaro ceibe que un cento na Gaiola (refraneiro de Vaipolorío). Cantan todos eles.

Remansa o Gafos, anque esté a sufir verquidos un día sí e outro tamén. Da sua parte media e alta saen os cabaliños do demo, as libeliñas, as efémeras, os plecópteros e os tricópteros. Revolotean ingrávidas as bolboretas. Moitos vulnerables ou en peligro de extinción.

Este ecosistema, incluindo a súas terras de cultivo, as casas que acubillan as poucas anduriñas que veñen de veraneo, conta con moitas especies protexidas por lei.

Todolos paises que participaron na cumbre da Terra, suscribiron un convenio de Diversidade Biolóxica. A partires desto vanse regulando por diversos decretos comunitarios, nacionais e artigos constitucionais, autonómicos, ata chegar ao decreto: 88/2007 de 19 de abril que regula o catálogo de especies ameazadas. A Comunidade Autónoma de Galicia, pola súa parte, ten competencia exclusiva para establecer normas adicionais de protección (NON DE DESTRUCCIÓN) do medio ambiente e da paisaxe. O mesmo estamento ten obriga de dotar o territorio de espacios para que se desenrole a vida silvestre.

O río Gafos debe ser o río más coidado de Galicia. Hai estadísticas de posesión de balón, de partidos perdidos na casa, pero desto non hai estadística, non interesa.

Vaipolorío non se opón a que haixa parques loxísticos, idustrias, portos secos. Oponse a que cando se fan recheos ilegais, non se corten cabezas políticas.

É unha magoa que quen sabendo de leis aspire a gobernar Pontevedra diga que todo isto está abandoado. Non hai peor maleza que descoñecer al plantas, nin peor paxaro de mal agoiro que querer destruir tanta beleza e calidade de vida, Vaipolorio leva 11 anos limpando o rio Gafos, catalogando a súa biodiversidade, aspirando a que se declare E.N.I.L. para que a cidadanía siga a disfrutar de un patrimonio que non se paga con cartos.

“As terras pertences a seus donos, a paisaxe só é de que sabe apreciala”. Upton Sinclair.

Gonzalo Sancho Blanco, Presidente de Vaipolorío