Vertidos ao gafos en Vilaboa e Pontevedra


VERTIDOS AO GAFOS EN VILABOA E PONTEVEDRA.

Dez anos despois de comenzala nosa andaina na recuperación ambiental do río Gafos e coincidindo con esta efeméride, o río Gafos atópase no peor momento da súa historia ambiental. Visto así o seu presidente xa tería que dimitir hai tempo e a asociación adicarse a outra cousa. Hai dez días que Vaipolorio denunciaba ante Augas de Galicia un lamentable vertido de fecais no veciño Concello de Vilaboa. Con anterioridade, en reiteradas acusacións, fixémolo co Concello de Pontevedra, chegando a presentar denuncia ante a fiscalía da Audiencia Provincial de Pontevedra.

As concellerías de medioambiente de ámbolos dous concellos fan as súas valoracións diante dos medios informativos sin dar solucións ao problema. Despóis das copiosas chuvias da tarde do domingo, 5 de decembro, e mentras a luz o permitíu, o panorama segue a ser desolador. Vertidos fecais en Vilaboa e Pontevedra que van a parar a un río que engadíndolle as lixiviacións das obras do AVE está a sufir o momento de máis contaminación continuada da súa historia. 
O problema dos sumidorios son: Filtracións de augas subterráneas. Conexións clandestinas de publiais a rede de sumidoiros fecais. Grosor desaxeitado, en consonacia coas sucesivas conexións veciñais. E o peor dos problemas é a contaminación de un río que todos disfrutabamos e celebrabamos recuperado. Xa non.
A Directiva Marco da Auga da Unión Europea, esixe un bo estado das augas doces continentais, para o ano 2015. Aquí teñen unha boa oportunidade todolos aspirantes a gobernar os concellos desde 2011 a 2015. O que está a pasar coa rede de sumidoiros do Gafos é como pasala auga do retrete polo frigorífico e vaciala na piscina. 
No ano 2007 Vaipolorío presentou un traballo de fin de carreira elaborado por Alba María Noya Vázquez e dirixido polo profesor Adolfo Cordero Ribera, da Universidade de Vigo en Pontevedra, o E.N.I.L. (Espacio natural de interés local), ante os concellos de Vilaboa e Pontevedra. Hoxe en día Vaipolorío sigue sin resposta, cando o ecosistema do rio Gafos xá debería de gozar deste grao de protección ambiental. Mentras o sumidoiro que vai paralelo e pegado ao Gafos siga así, pedilo ENIl, sería como solicitar que fagan Parque Natural as marismas de Lourizán.

Gonzalo Sancho Blanco
Presidente de Vaipolorío.