Denuncia Fiscalía


Na reunión da Xunta Directiva desta Asociación celebrada o martes 11 de Maio do 2010 acordouse por unanimidade presentar denuncia ante a Fiscalía da Audiencia Provincial de Pontevedra, polos reiterados verquidos que se están producindo nos últimos anos ao Río Cocho-Toxal-Tomeza-Gafos, procedentes do colector de augas fecais que discorre paralelo ao mesmo, pertencente aos concellos de Vilaboa e Pontevedra.

Nos vindeiros días Vaipolorío vai proceder a recopilación de documentación para a súa posterior presentación ante a mencionada institución xudicial.