En relación co proxecto do parque loxístico proposto polo Señor Martín, a carón do rio Cocho-Toxal-Tomeza-Gafos, a asociación medioambiental Vaipolorío quere facela seguinte reflexión:

LOXÍSTICO NON RIMA CON PAISAXÍSTICO.
A Natureza non fai nada en van. Aristóteles.

A vixente lei galega obliga a que todolos proxectos que se poñan en marcha en Galicia teñen que someterse a unha declaración de impacto polas súas repercusións ambientais ou por afectar a espacios sensibles. Ademáis hai que ter en conta o estudio de impacto e integración paisaxística. Este último aspecto deriva do Convenio Europeo da paisaxe, ou convenio Florencia, ratificado polo goberno de España en 2007 e polo Goberno Galego en 2008. 
Todolos proxectos deben calar en bo porto, sexa de Marín ou de calquera outra mar, porque O Porto de Marín mediante sentenza (res iudicata) do Tribunal Supremo, ven de advertirnos, en relación cos recheos ilegais, que xa non vale aquelo de “ti vai facendo que logo xa veremos”. 
!Claro que cartos públicos para facer, e cartos públicos para desfacer é como disparar con pólvora do rei nas campañas de Flandes!
O ecosistema que vertebra o rio Cocho-Toxal-Tomeza-Gafos é un espazo sensible e de grande riqueza natural, etnográfica e cultural, ademáis de contar con xoias da coroa biolóxica dos endemismos galegos catalogados por membros da asociación e outros especialistas do máis alto rango autonómico. Non imos citalos de seguido porque non son de común coñecemento, anque sí, imprescindibles para presentar como proba ante calquera requerimento nas diversas administracións, debido ao seu grado de protección preceptiva.
Vaipolorio, coa capacidade que a lei lle outorga, oponse de xeito inapelable a ubicación dunha instalación que vulnera a lei medioambiental, destrue a paisaxe e a calidade de vida de todolos cidadáns.
E volvendo coas rimas aquí vai un poema sin rima pero con consonancia que Vaipolorio xa tiña preparado para estes noivos, hai moito tempo.

ESTA MARABILLA NATURAL QUE ABRANGUE O RIO DOS GAFOS NON FOI INAUGURADA POR NINGUÉN, NON HOUBO PRIMEIRA PEDRA, NON TEN PLACA CONMEMORATIVA. PREGAMENTOS TELÚRICOS, SEDIMENTOS E CLIMA FORON CONFORMANDO SÚA PAISAXE MAXESTUOSA: VERDE, PALLOSA, CASTRAÑA, OCRE, DOURADA. REFLECTIDA NO SEU RIO DE ANDAR PREGUIZOSO E AUGAS CRISTALINAS. ASÍ SE MANTIVO DENDE SEUS ANTIGOS DEVANCEIROS. NIN ROMANOS NIN FRANCESES A TURBARON. MESMO OS CACIQUES RECUARON EMPACADOS COMO METOUCOS DE MILLO PANTASMÁIS. NON A ESTRAGUEMOS AGORA QUE É UN PAZO DE CULTURA, UN DELEITE PARA OS OLLOS E UNA ESCOLA PARA NOSOS FILLOS.
Gonzalo Sancho Blanco. 
Presidente de Vaipolorio.