- Detalles
- Publicado en Domingo, 19 Febrero 2012 16:29
En relación coa nota de prensa (escrita) publicada o domingo 19-02-12. La Voz de Galicia cita por erro as larvas de saltón, en lugar de larvas de libeliñas facendo referencia a nosa denuncia. Esto pode resultar gracioso para quen coñece o ciclo vital dos Ortópteros, máis gracioso ainda, cando se engade que son indicaciodores das análises BMW. Evidentemente nin saltóns nin as súas larvas críanse no río. Outra cousa é que cos impresionates saltos destas especies moitos deles acaben na boca das troitas e outros salmónidos. A continuación poñemos a nota que se lle enviou a prensa. En calquera caso comprendemos o erro e disculpamos a redacción da Voz de Galicia pensando, por exemplo, que sería moitísimo máis grave que o erro fora poñer Don Felipe, donde deberíase poñer Don Ignacio, en temas de tan candente actualidad informativa. Amortécenos o noxo deste erro o feito de que a prensa sempre nos publica o noventa e oito por cen de todo aquelo que se lle envía, sin custo ningún. VAIPOLORÍO.
- Detalles
- Publicado en Domingo, 06 Noviembre 2011 19:23
AVES,CANS E BICICLETAS NO GAFOS
Dende a Asociación Vaipolorío, que leva 11 anos loitando por recuperar o río Gafos, o cal foi durante moitos anos un auténtico vertedoiro, un gran exemplo do que nunca se debería de haber feito a un río, queremos facer partícipes da nosa alegría porque despois de editar un libro sobre as 65 especies de Aves catalogadas no río Gafos, cada pouco tempo, e segundo a estación do ano, seguen avistándose novas especies. A última ave que observamos e unha Garza da Noite ou Martinete, e anteriormente a esta foron aparecendo: Tordo rubio, Úbalo, Garza imperial, Papamoscas cincento, Bico de coral, Becacina, Rousinol, Pica das árbores, Pica dos prados, Picafollas ibérico, Mazarico chiador, Garzota, Garza boeira, Picafollas musical, Alcotán, Pato mandarín, Ganso de Exipto, Avefría, Avenoiteira, Merlo rieiro. Quizais para algunhas persoas isto non sexa importante, ou non lle diga nada, pero para moitos de nos, amantes das bolboretas, libeliñas, insectos, e demais bicherío que existe na natureza, é importantísimo, xa que isto fai de aliciente para seguir traballando por este río e o seu contorno, xa sabemos que o río dos Gafos nunca será un parque nacional como pode ser Doñana, polo momento conformámonos con que por fin sexa E.N.I.L. (Espazo Natural de Interese Local) e que os cidadáns que disfruten desta contorna, o fagan con educación.
Gustaríanos que estes avistamentos, xa sexan de aves ou doutras especies, sigan incrementándose, por iso tamén hai que facer un chamamento ás persoas que utilizan o sendeiro, para que sexan respetuosos coa flora e a fauna do Gafos.
As persoas que paseen cos seus cans que teñan coidado deles, xa que hai zonas onde a flora e fauna esta a desaparecer por non ter coidado dos seus animais, tamén pedir que cando recollan os excrementos das súas mascotas en bolsiñas, “cousa que está moi ben”, non as tiren despois ao río, “iso esta moi mal”.
Tamén chamar a atención ás persoas que utilizan o sendeiro para ir en bicicleta, que disfruten de ese deporte non quere dicir que os paseantes teñan que sufrilos, “este e un sendeiro non é un circuíto”, xa bastantes problemas hai debido á erosión por parte das bicicletas, que aínda por riba, cada vez que eles pasan os demais se teñen que botar as silvas ou as estrugas, porque parece que é unha competición. Non decides que “escapades das estradas porque os coches non respetan ós ciclistas”, non lle fagades o mesmo ós sendeiristas.
Unha chamada de atención moi importante é para esa xente que cando da un paseo sempre vai rompendo as árbores ou as suas ponlas.
É moi importante recordar que cando se leva unha bebida consigo para refrescarse “sempre pesa máis antes de bebela que despois”. Por iso non a tiren o río. Recordade que esta asociación naceu no seu día coa idea de limpar e recuperar o que outros tiraron no río. 11 anos despois a xente xa debería deixar de tirar lixo nel, recordarvos que antes non había colectores de lixo e papeleiras como hai agora.
Despois de todo tamén hai que pensar na xente que utiliza o sendeiro para disfrutar do río,e da súa flora e fauna. Por iso utilicemos este sendeiro de boas maneiras e con respeto, por boa educación ambiental, e para que sigamos disfrutando e observando moitas especies mais.
Juan Ramón López Domínguez,membro de Vaipolorío. DNI : 76.814.932
- Detalles
- Publicado en Lunes, 16 Mayo 2011 17:38
A voltas co parque loxístico do Gafos
Reverdece a floresta. Cantan os paxaros. Remansa o Gafos.
Disfruta do teu paseo sin parque loxístico.
Reza así nuns carteis de Vaipolorío por todo o paseo fluvial do rio Gafos, ata Vilaboa. Certamente a vexetación reverdece exuberante. Atrás quedaron o Narciso cyclamineus, as primaveras e o xacinto bravo. Agora danse os asplenios e os blechnos nas fontes. A ribeira énchese de fentas, brizos e mexacans. Medra a herba dos pitos, a amenta de lobo, os carex, as platanarias, as espadainas, o mentrasto. No propio leito: A herba lameiriña, as lentellas e a espigas de auga. Gabean os saltasebes, as uvas de can, o lúpulo, o chuchamel co seu recendo. Expándese de xeito controlado o Pau de San Gregorio. Os érvedos doentes que plantou Vaipolorío estan vizosos. O satirón manchado e a cresta de galo; dúas orquídeas que os nosos devanceiros coñecían de sobra, anque a nos non nos soen de nada. E o rabo de cabalo que anque nunca foi visto polos de Vaipolorío, seguro que Torrado sabe ben donde se agocha.
Más Artículos...
- Vertidos ao gafos en Vilaboa e Pontevedra
- Denuncia Fiscalía
- Loxístico non rima con Paixasístico
- Verquido no Toxal
- Verquido no Regato da Poza da Barcia
- Novo verquido no río Gafos
- Reunión concelleiros de Medio Natural e do Rural con membros de Vaipolorío
- Convenio de Cooperación Educativa coa Universidade de Vigo
- Presentación Campaña
- Convenio coa Secretaría General de Instituciones Penitenciarias
- Verquido múltiple no Río dos Gafos
- Máis vandalismo no Río dos Gafos
- Vandalismo no Gafos