2005
PLANTACIÓN DE ÁRBORES Plantación de diversas especies autóctonas propias de ribeira. Actividade dirixida fundamentalmente a rapaces e rapazas.
RECUPERACIÓN DA TOPONIMIA Continúase cos traballos de recuperación da toponimia iniciados a finais do ano pasado.
LIMPEZA DOS MUÍÑOS DE CABANAS Levouse a cabo a limpeza dos muíños de Cabanas, consistente en desbroce de maleza, limpeza da canle etc.
DENUNCIA DE VERTIDOS Denúnciase ante as autoridades competentes e ante os medios de comunicación que o tramo urbán sufre vertidos líquidos cunha periodicidade duns quince días.
CATALOGACIÓN BOTÁNICA Iníciase a catalogación de árbores, arbustos e herbas, coa dirección do botánico Javier Silva Pando.
V CEA ANIVERSARIO EXCURSIÓN DIDÁCTICA POLO RÍO DE ALUMNOS DO COLEXIO PÚBLICO FROEBEL DE PONTEVEDRA, acompañados por membros de Vaipolorío.

PRESENTACIÓN DA UNIDADE DIDÁCTICA "O RÍO DOS GAFOS É O NOSO RÍO" Coa colaboración do Concello de Pontevedra e CEIP Campolongo.
ROTEIRO DO RÍO GAFOS "OS TOPONIMOS DO GAFOS". En colaboración co Concello de Pontevedra, dentro do programa "Maio mes da lingua". Dito roteiro estivo comentado polo filólogo Calros Solla Varela.
VISITA GUIADA O COUREL

V CAMPAÑA DE LIMPEZA Levouse a cabo durante 7 domingos consecutivos, cunhas características semellantes ás de anos anteriores. Nesta campaña contouse coa colaboración de persoal e internos do Centro Penitenciario A Lama en tódalas xornadas, e coa Concellaría de Xuventude do Concello de Pontevedra nunha xornada.
COLABORACIÓN NA lll EDICIÓN DE TERRA DE TODOS Actividade organizada pola asociación ecoloxista e cultural Verbo Xido, de Terra de Montes.

EXCURSIÓN DIDÁCTICA POLO RÍO DE ALUMNOS DO COLEXIO SAGRADO CORAZÓN DE PLACERES , PONTEVEDRA, acompañados por membros de Vaipolorío.
REUNIÓN CO DELEGADO PROVINCIAL DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE.
PRESENTACION DO LIBRO "AVES DO RIO DOS GAFOS"
PARTICIPACION NO "PROXECTO RIOS", promovido por ADEGA.