2009

IX CAMPAÑA DE LIMPEZA. Levaronse a cabo 7 xornadas de limpeza da novena campaña,coa colaboración do Centro Penitenciario de A lama,Centro de Axuda a Infancia Arela e o Centro de Menores Avelino Montero

DENUNCIA. Denuncia ante as administracións de vertidos producidos por unha alcantarilla no río Pintos –Tomeza

VISITA. Visita a colexios de Pontevedra Marcón, Lourizán, Salcedo, Sagrado Corazón

EXPOSICIÓN. Exposición de fotos antigasEXPOSICIÓN. Exposición de fotos aéreas en Correo

EXPOSICIÓN. Exposición de fotos aéreas na casa cultural de Riomaior, Vilaboa

ESTUDO HIDROLÓXICO. Inicio do estudo hidrolóxico do río

PASE DE FOTOS ANTIGAS NO BAR CISNE.

SAN XOÁN. Con motivo da festividade de San Xoán realizouse unha xornada de herbas e rituais.

XORNADAS. Neste ano realizaronse xornada de noites abertas co Concello de Pontevedra e tamén xornadas de mantemento do sendeiro

APOIO. Escrito de apoio aos veciños de Salcedo pola franxa de seguridade da Brilat

INFORME. Elaboración dun informe de situación do río

EXCURSIÓN. Excursión ao centro de recursos zooxenéticos de Galicia

PLANTACIÓN. Xornada de plantación de salgueiros e abeleiras

PROPOSTA. Proposta pro premio Cidade de Pontevedra á Asociación Salvemos Pontevedra

VIDEOCONFERENCIA. Realización dunha videoconferencia cun grupo ecoloxista de Verín

CONVENIO. Convenio de colaboración coa Dirección de Institucións Penitenciarias para a recepción de penados para a realización de traballos en beneficio da comunidade no río dos GafosCATALOGACIÓN ENTOMOLÓXICA. Continuación coa catalogación entomolóxica do río

PLANTACIÓN DE ÁRBORES. Plantación de árbores de ribeira (ameneiros,freixos,salgueiros…) nas marxes do río

VOZ NATURA. Participación no programa de Voz Natura para a realización dun documental titulado “Río dos gafos, flora e fauna dun río galego” en colaboración coa Universidade de Vigo.