XORNADA DE PROXECTO RIOS EN PONTEVEDRA (RIO GAFOS )
Este sábado 09 de Abril o Proxecto Ríos realizará unha saída formativa coa Asociación Vaipolorío de Pontevedra no río Gafos.
Estas saídas consisten nunha inspección das condición ecolóxicas dun treito de 500 metros de río. Para elo empregaráse a metodoloxía de inspección do Proxecto Ríos, na que avaliamos a calidade do ecosistema acuático fixándonos en tres parámetros fundamentalmente: indicadores biolóxicos (identificación de macroinvertebrados); indicadores físicos e químicos da auga (Tª, pH, nitratos, osíxeno disolto e transparencia); indicadores hidromorfolóxicos (calidade do hábitat fluvial e calidade do bosque de ribeira).Ademais, faise inspección de outros aspectos que poidan estar presente no río como as alteracións e a biodiversidade de organismos que habitan no río. Esta metodoloxía é sinxela e segue as directrices establecidas pola Directiva Marco da Auga para a análise de calidade de masas de auga terrestres superficiais.
Punto de encontro: Diante da estación de autobuses de Pontevedra
Horario: 10 h a 13 h
Máis info:
Paco Bañobre - Coordinador de grupos de Proxecto Ríos
tf. 619 672 038
Juan Ramón Lopez - Responsable de Proxecto Ríos en Vaipolorió
tf. 639 813 645