Presentación do estudio hidrolóxico do río Gafos
DÍA :VENRES 27 DE MAIO DO 2011
HORA: 20 H
LUGAR : SALA SARGADELOS DE PONTEVEDRA
A CARGO DE JUAN RAMÓN RAPOSO GONZÁLEZ.
Enxeñeiro Agrónomo pola Universidade de Santiago de Compostela. Membro da Asociación Internacional de Hidroxeologos (AIH) e da Asociación Galega de Investigadores da Auga (AGAIA).
O estudio consistirá na presentación dos traballos de caracterización hidrolóxica do río dos Gafos: descripción dos traballos de campo de medida do caudal do río, calibración dunha curva de gasto para a estación de aforo instalada no río. Proposta dun modelo de balance hídrico na cunca do Gafos como unha ferramenta para a caracterización do río e para a avaliación dos seus principais impactos. Discusión dos resultados e proposta dos traballos e actuacións futuros para un correcto control a nivel hidrolóxico do río dos Gafos.
JUAN RAMÓN RAPOSO GONZÁLEZ.
Obtivo o Diploma de Estudos Avanzados en Enxeñaría do Terreo en 2007 pola USC, e dende entón está a realizar os estudos de doutoramento no ámbito das augas subterráneas en Galicia, co proxecto de tese "Cuantificación dos recursos hidroxeolóxicos de Galicia Costa e avaliación dos seus principais impactos".
No marco dos estudos de doutoramento ten recibido diversas bolsas como a de Formación de Profesorado Universitario (F.P.U.) do Ministerio de Educación, ou as bolsas de doutoramento da Xunta de Galicia.
Colaborou con Augas de Galicia coa elaboración dun "Estudio de avaliación cuantitativa dos recursos hídricos subterráneos na demarcación hidrográfica de Galicia Costa" cuxos resultados foron incorporados no novo Plan Hidrolóxico de Galicia Costa que está pendente de aprobación.
Ten realizado estancias de investigación en centros estranxeiros de prestixo coma o Water Center da Universidade de Columbia de New York, e publicado en diversas revistas científicas como Applied Geochemistry ou Engineering Geology.
Actualmente está monitoreando diversas cuncas piloto en toda Galicia Costa: en Ferrol, os nacementos dos ríos Lérez e Umia en Forcarei, o río Deza en Lalín, o río Landro en Muras, etc. E froito dunha colaboración con Vaipolorío tamén se levou a cabo un seguimento e modelización do balance hídrico no río dos Gafos en Pontevedra.
MAIS INFORMACIÓN NO TLFNO 676 842 942 VAIPOLORÍO