Análises Biolóxicas no Río dos Gafos
BMWQ (Biological monitoring water quality)
Día : Xoves 13 de Outubro do 2011
Lugar de saída: R/ alcalde Hevia (xunto o Río )
Hora: 10,00 h
Estas saídas consisten nunha inspección das condicións ecolóxicas dun treito de 500 metros de río. Para elo emprégase a metodoloxía de inspección do Proxecto Ríos, na que avaliamos a calidade do ecosistema acuático fixándonos en tres parámetros fundamentalmente: indicadores biolóxicos (identificación de macroinvertebrados); indicadores físico – químicos da auga (Tª, pH, nitratos, osíxeno disolto e transparencia); indicadores hidromorfolóxicos (calidade do hábitat fluvial e calidade do bosque de ribeira). Ademais, faise inspección de outros aspectos que poidan estar presentes no río como as alteracións e a biodiversidade de organismos que habitan no río. Esta metodoloxía é sinxela e segue as directrices establecidas pola Directiva Marco da Auga para a análise de calidade de masas de auga terrestres superficiais.
MAÍS INFORMACIÓN NO TELÉFONO : 639.813.645
(Juan Ramón López- vaipolorío)
A participación é aberta e de balde a tódalas persoas que o desexen