Na paisaxe do campo galego había unha estampa pintoresca que o furacán do progreso vai arrasando co paso do tempo. As  METOCAS  ou metoucos, segundo o lugar ou a feitura con que se facían en cada comarca.

    Estas medas ou palleiros cónicos da palla de millo tiñan diversas utilidades: Recoller a palla do nutritivo cereal nun lugar axeitado, complementar o alimento do gando vacún e sin pretendelo dar bonitura a paisaxe do campo galego. Hoxe, case que desaparecidos, alumean o noso esprito espallados polas leiras galegas.

 

A xente de Vaipolorío, observaos nestes 11 anos como estas “construccións vexetais” foron desaparecendo, de feito no val de Tomeza namáis este ano foron feitos  dous exemplares.

 

Vaipolorío levará a cabo o vindeiro domingo 16 de outubro de  10 h a 12h a elaboración e grabación dunha METOCA  no lugar de As Grades – Ponte da Condesa – Tomeza- Pontevedra,a carón do Río dos Gafos tendo como realizador a:

 

Realización da “Metoca”: José Ramón López Laxe,veciño de Salcedo –Pontevedra,presidente da Asociación de veciños Heroes do Campo da Porta,membro da directiva da Comunidade de montes de Salcedo,impulsor da restauración de varios muíños de auga e membro fundador do Colectivo Amigos dos muíños ademais de  membro fundador e actual directivo de Vaipolorío

 

Gravación :Joâo Bieites, Licenciado en Belas Artes, profesor de Plástica, Deseño Técnico e Cultura Audiovisual no Ensino Secundario. Membro de S.A.G.A. (Sociedade Antropolóxica Galega). Membro fundador do Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca. Coordinador, xunto con outros profesores, das curtametraxes de animación “Dairas” e “Animais artificiais”, co-realizador do documental “Monte do Seixo. A Montaña Máxica”, cámara e edición do documental “Sete camiños, encrucillada no tempo”, membro do grupo de música tradicional Os Chichisos.

 

 

 

Mais información : 676 842 942 - vaipolorío