Vaipolorio Logotipo

Xornadas Itinerantes Xurídico-Ambientais

Fechas: 13, 17 e 20 de Novembro


Xornadas Itinerantes Xurídico-Ambientais

Viernes, 13 Noviembre 2009, 13:00 - 14:00
por Amigos da Terra - Asesoría Xuridica
Accesos: 80

Dentro do Módulo de "Educación Ambiental" que imparte a Facultade de Humanidades da USC no campus de Lugo, Amigos da Terra presenta as
XORNADAS ITINERANTES XURÍDICO-AMBIENTAIS: Vigo, Santiago de Compostela e Lugo.

Amigos da Terra anuncia a celebración dunhas xornadas prácticas sobre medio ambiente e legalidade:como protexer o medio ambiente coa
lei na man.

Estas xornadas están pensadas para todos/as aqueles/as que non teñen coñecementos sobre lexislación e medio ambiente e para todos/as
aqueles/as socios/as, colaboradores/as, voluntarios/as ou achegados/as á asociación e sensibilizados coa protección do medio ambiente.

Como aplicar na vida cotiá de todos/as nós a lexislación ambiental sen pensar que o descoñecemento da linguaxe xurídica sexa unha traba para non interceder ante unha agresión ambiental.

Con estas xornadas convertirémonos en ecovixías
e defenderemos o medio ambiente "coa lei na man".

DATAS:

13 de novembro ás 13h. en Lugo
20 de novembro ás 19h. en Vigo
17 de novembro ás 16h. en Santiago de Compostela

LUGAR de CELEBRACIÓN:
Lugo – Facultade de Humanidades. Campus de Lugo
Vigo – Centro Cívico Casco Vello
Santiago de Compostela - Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal (Sala B)


PROGRAMA:

Parte I

Nacemento do Dereito Ambiental. Lexislación

Parte II

Mecanismos de denuncia. Órganos administrativos
competentes

Parte III

O Convenio de Aarhus. Nacemento da RADA- Rede
de Avogados para a Defensa Ambiental.

Parte IV

Casos prácticos: infraccións administrativas,
delitos ecolóxicos, alegacións, petición de
información ambiental.


Inscrición de balde.
Remate prazo inscrición: 13 de novembro.


"A protección do medio ambiente dende o eido xurídico, é o resultado do arduo traballo que Amigos da Terra ven desenvolvendo dende os seus comezos. É importante saber que lexislación protexe o entorno ecolóxico e que medidas tomar ante unha infracción ou un delito ecolóxico".

Interven activamente na protección do medio ambiente, esperámoste na xornada da túa localidade!

Apúntate xa no correo xuridico@amigosdaterra.net
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots
spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou chamando ao 988.374.318 (Montse Valencia).

NOTA.: O lugar de impartición, pode verse sometido a modificacións por causas alleas a Amigos da Terra. Notificarase o cambio de sala de ser o caso.


Volver a Axenda Vaipolorío