Fechas: Venres 16 de Outubro 2009
Observación Astronómica dende o nacemento do río Gafos
Nivel: Iniciación
Colaboración da Agrupación Astronómica “Rías Baixas” co colectivo “Vaipolorío”.
Saída : ás 21 horas dende a Estación de Autobuses de Pontevedra
Duración aproximada : 3½ horas
Lugar: Castro Verde,Figueirido -Vilaboa o carón do nacemento do río Gafos nunha explanada despexada de arboredo e con menor grado de alumeado.
Guión da actividade:
· Breve explicación dos factores a considerar para realizar unha boa observación astronómica: situación, nocións básicas de orientación, instrumental, etc.
· Localización e recoñecemento a simple vista das principais constelacións visibles en outono: as circumpolares, as do zodíaco e outras de especial interese como, Cygnus, Lyra ou Orión.
· Distinción e localización de obxectos como principais estrelas das constelacións visibles, planetas (nas datas e horas da observación temos a Xúpiter e Marte por exemplo, aínda que antes do amencer serán visibles tamén, Saturno, Venus e Mercurio), cúmulos (M13 en Hércules, Pléiades en Tauro, etc), nebulosas (M42 ou nebulosa de Orión), galaxias (por exemplo M31 ou galaxia de Andrómeda), etc.
· Observación con telescopios ou prismáticos dos obxectos visibles mais representativos.
ACTIVIDADE ABERTA A TÓDOLOS PÚBLICOS
MAIS INFORMACIÓN :
Paco Novoa (As. Astronómica): 686 407 027
Xosé Feijoó ( Vaipolorío) : 676 842 942