Fechas: Sábado, 19 de Decembro de 2009
LIMPEZA DA PRESA DO MUIÑO DO TOXAL
- Última xornada -
HORA : 10.00 HORAS
PUNTO DE ENCONTRO : PONTE DOS ROCIOS - BERTOLA
MATERIAL : LEGÓNS, RASTRILLOS, PAS E ROUPA USADA
ORGANIZA : VAIPOLORÍO
O MUIÑO DO TOXAL , atópase na beira esquerda o Río dos Gafos na freguesía de Bértola ( Vilaboa ) : muíño de cubo ,unha moa ,muros
de cachotaría e cuberta a unha auga .
TOXAL é microtopónimo ribeirán da forma derivada e abundancial de toxo, ven da voz prerromana *toju. é “ o lugar onde medran os toxos ; toxeira” . Fitotopónimo.
RÍO DO TOXAL, é unha das denominacións do Río dos Gafos.
O Toxo é unha “planta arbustiva da familia da familia das papilonáceas de 1 a 2 metros de altura,con follas reducidas apuntas espiñenta se flores amarelas e axilares “.
O Toxo arnal, cachar ou macho ( Ulex europaeus ) e o toxo femia, gateño, molar ou mouro ( Ulex minor ) son as especies máis comúns.
Datos sacados do libro “ANDAR PRIMEIRO DE RÍO – INMATERIAIS DO RÍO DOS GAFOS ”
do que é autor Calros Solla.
Mais información tlfno:
676 842 942 - vaipolorío