Vaipolorio Logotipo

Limpeza simultanea de ríos 2009

Fechas: 27 de Setembro


Tramo realizado: Ponte do Couto - Asentamento xitano en ámbalas marxes
Nº de voluntarios: 11
Estimación do lixo retirado: 500 kg.

A PONTE DO COUTO da cal hai constancia fotográfica de principio do século XX, forma parte da vía romana XIX ( vía en proceso de recuperación que comunica Brácala Augusta - Braga, con Lucus Augusti -Lugo ), en dito enclave a finais do século XIX apareceu unha columna adicada a Máximo e Maximino dous emperadores tardorromanos, que promoveron melloras e reformas do trazado da vía XIX, o que pode ser un indicador de que a ponte sexa romana, en todo caso, dita recuperación pasaría a criterio de VAIPOLORIO:

· Por un levantamento topográfico da ponte

· Pola excavación dos accesos da mesma

· Pola recuperación do entorno incluído a reubicación da comunidade xitana.

· Limpeza da mesma e

· Posterior musealización.

Coa finalidade de poñer en valor as súas características arqueolóxicas, históricas, didácticas, arquitectónicas e medio ambientais.

E unha obriga HISTÓRICA, SOCIAL E MORAL


Volver a Axenda Vaipolorío