Fechas: 3 de Outubro
A FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA vai celebrar o sábado día 3 de outubro en Pontevedra, sendo anfitrión VAIPOLORIO as seguintes actividades:
1. Reunión da comisión coordinadora
De 10:30 e as 13:30 horas, na Galería Sargadelos, rúa Oliva, Pontevedra
ORDE DO DÍA
1º Actividades da FEG dende a última asemblea na Coruña: relatorio do
traballo da FEG até a data presente.
2º A FEG e o Plano Sectorial Eólico: aclaracións e perspectivas de traballo cara o futuro.
3º A FEG e o Plano Acuícola: propostas de traballo e acción fronte á
acuicultura industrial en Galicia.
4º A FEG e a rede GNSV: grao de colaboración e compromiso organizativo.
5º Celebración dos 20 anos da FEG: ideas para a conmemoración do aniversario.
6º Intervencións.
2. Ruta guiada polo río gafos a cargo de membros de Vaipolorío ás 16:30 horas saída fronte á estación de autobuses de Pontevedra).
A FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA (FEG) ESTÁ FORMADA POR 17 COLECTIVOS (ADEGA, ADENCO,APDR, Asemblea do Suído, CES, Coto do Frade, Guerrilleiros das Fragas, Grupo Naturalista,Hábitat, Luita Verde, MEL, Naturviva, Néboa, Niño de Azor, Oureol, Vaipolorío, Verdegaia e XEVALE)
desenvolvendo actividades no eido da biodiversidade e espazos naturais, residuos, enerxía e transporte…etc
mais información
* Tino – FEG 637 512 998
* Gonzalo - VAIPOLORIO 675 547 499