Vaipolorio Logotipo

Análises Biolóxicas no Río Gafos

Fechas: Sábado 24 de Outubro do 2009


BMWQ (Biological Monitoring Water Quality)

Día : Sábado 24 de Outubro do 2009

Lugar de saída: Estación de autobuses de Pontevedra

Hora: 10,00 h

Vaipolorío ten previsto facer unha saída de
análise biolóxica seguindo o calendario
establecido desde a Entidade coordinadora.
Proxecto Ríos, dependente da asociación galega
ADEGA, é a Entidade que coordina tódolos
traballos englobados no Proxecto Ríos e que
abrangue a tódolos ríos de Galicia que foran
apadriñados por os distintos colectivos que se
comprometeron no seu día. A información que
recaba a coordinadora é de inspección de ríos.
Seguindo o programa recóllense unha serie de
datos relativos aos elementos vivos do río e
maila súas ameazas, como vertidos, por
exemplo. Ademais faise unha descrición do seu
patrimonio material e inmaterial. Recollidos
estes datos na primavera e no outono As
análises biolóxicas BMWQ (Biological Monitoring Water Quality),
son, como indica o seu nome, o mellor medidor da
calidade das augas de un río. Este tipo de análise
biolóxica de macroinvertebrados, faise en
diversos tramos do río. Hai especies como os
besbellos (futuras libélulas) que precisan de
augas limpas e ben osixenadas, mentres outras
toleran mellor, espazos con certos índices de
contaminación. E non so isto, se non, que as
primeiras poden desaparecer por anos, ante un
vertido; mentres que as outras colonizan moito
antes as augas contaminadas. A periodicidade
das análises, márcanos o longo dos anos a
degradación, ou pola contra, a recuperación
das augas do río.


MÁIS INFORMACIÓN NO TELÉFONO : 639.813.645
(Juan López- Vaipolorío)

A participación é aberta e de balde a tódalas
persoas que o desexen


Volver a Axenda Vaipolorío