Inicio

Benvidos a Vaipolorío 

PROTECCIÓN,ESTUDIO E DIVULGACIÓN DO RÍO GAFOS

Presentación do documental "Un ano no río dos Gafos"

  • Día: 23 de maio.
  • Hora: 20.30
  • Lugar: Casa das Campás, Pontevedra.

Documental no que un avó (Ernesto Chao) cóntalle o seu neto (Antón Surís) os cambios que se producen no RIO DOS GAFOS o longo de todo un ano: enchentas,flora,vertidos,actividades que se levan a cabo nas súas marxes...Reflexase desta maneira a sús evolución durante as catro estacións

Realizado por alumnos de Comunicación Audiovisual da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo:

Dirección : Alberto Álvarez,Bibiana Juanes e Pablo Lamosa.

Guión : Pablo Peccatiello

Producción: Adrián Carrón,Ana Eirase Iria Bello

coa colaboración do recoñecido actor *ERNESTO CHAO e a xoven promesa *ANTÓN SURÍS

* ERNESTO CHAO  Se ben é moi coñecido polo seu papel como Miro Pereira, que interpretou durante máis dunha década na comedia da TVG Pratos combinados, Ernesto Chao é un actor cunha dilatada experiencia profesional, especialmente no teatro, cunha carreira ininterrumpida desde 1969.Foi director do Centro Dramático Galego durante dúas tempadas (1986-87).

Protagonizou o telefilme Condenado a vivir, onde interpretaba a Ramón Sampedro, na primeira vez que a súa historia era levada á ficción. Máis tarde, Javier Bardem encarnaría o mesmo papel na oscarizada Mar Adentro de Alejandro Amenábar, onde se deu a coñecer Mabel Rivera, actriz que interpretou á súa muller Balbina en Pratos combinados.Traballou nunha ducia de producións cinematográficas desde 1985, comezando ese mesmo ano a súa carreira televisiva, especialmente ligada á TVG. En TV participou nunha vintena de programas de formatos diversos, colaboando nos últimos anos con pequenos papeis en series de éxito a nivel nacional como Cuéntame cómo pasó ou Aquí no hay quien viva.Actualmente ten a súa propia compañía teatral, Lagarta, Lagarta, xunto á súa esposa, a tamén actriz Rosa Álvarez.

*ANTÓN SURÍS Rapaz que fixo de actor nun video publicitarario para Mundo–R, actuou en Madrid de monogolista para a Paramount Comedy,participou en espectáculos de maxia na Sala Houdini tamén en Madrid e gravou varias curtametraxes como director e guionista

 

 

Máis info: 676842942.Vaipolorio.

 

 

Información Adicional